jueves, 1 de junio de 2017

EXCURSIÓN FIN DE CURSO PARA SOCIOS DA ANPA



EXCURSIÓN FIN DE CURSO PARA SOCIOS DA ANPA
Benqueridas familias:
Como tódolos anos, queremos celebrar o remate do curso escolar realizando unha excursión familiar. Gozaremos duna xornada familiar e de convivencia con todas as familias da escola; un xeito de coñecernos mellor e pasar tempo cos nosos fillos e os seus compañeiros e amigos.
Este ano, a excursión está programada para o sábado día 10 de xuño, e visitaremos o AQUAPARK localizado en Cerceda (A Coruña), a 133 km de Vigo; estimamos unha viaxe de 1 h 30 minutos. Igual que en anos anteriores, o punto de saída será a escola ás 9:00 da mañá. A hora prevista para o regreso será sobre as 19 h.

O servizo de autobús será gratuito e estará xestionado tamén pola ANPA, que dará prioridade ás familias socias que no dispoñan de vehículo, por estricta orde de reserva. A comida correrá a cargo das familias.
O custo das entradas para acceder ó Aquapark, non poderá ser costeado pola ANPA, pero si nos realizarán un desconto do 20% sobre os prezos habituais:
Adultos: 9,00 € - 20% = 7,20 €
Alumnado de 5-12 años: 6,00 € - 20% = 4,80 €
Alumnado de 0-4 años: 0,00

Ademais, ó ter as entradas reservadas o acceso é directo, sen colas nin esperas.

Animádevos a reservar a vosa praza o antes posible, coa fin de ter unha boa coordinación e conseguir que esta xornada sexa un éxito. E para calquera dúbida ou consulta, podedes contactar connosco a través do móvil da ANPA, Whatsapp, correo electrónico, ou directamente cos membros da xunta directiva no propio local da ANPA.
Tras cubrir a solicitude de reserva, facédela chegar á ANPA, ben por medio do buzón da entrada do local, ou ben entregándoa ós membros da xunta directiva.
……………………………………………………………………………………………………………………………………   
A familia ……………………………………………………………………………………………………………………………………………….….. con alumnado no/s curso/s ………………………………………………..…………………………………….. asistirá á excursión de fin de curso. Seremos en total ……………. adultos e ……………… nenas/os, coa/s idade/s de ………………..… ..……………………………................. Teléfono/s de contacto ……………………………………………………………………………
*Lembrade que a ANPA subvenciona só o transporte en autobús, e que tanto a entrada como a comida corre a cargo das familias (normalmente levamos cousas da casa para facer picnic, pero tamén hai cafeterías con servizo de comidas no Aquapark para quen o prefira).


Grazas pola vosa colaboración.


EXCURSIÓN FIN DE CURSO,  PARA ALUMNADO ASOCIADO Á ANPA
Queremos aclarar ás familias, que esta é unha excursión para o alumnado da escola asociado á ANPA. Convidamos tamén a irmás/irmáns e demáis familiares, pero estas persoas terán que pagar un recargo por persoa*, en caso de que fagan uso do servicio de autobús.
* O recargo será de 8 € por persoa para familiares (excluindo nais e pais), que queiran facer uso do autobús. Todos os pagos realizaránse antes do xoves 8 de xuño  na conta do ANPA : ES43 2080 5087 6030 4001 4074
En calquera caso, se non houbese dispoñibilidade de prazas no autobús, daráse prioridade primero a pais, despois a irmáns e despois ó resto dos familiares (priorizando ás familias que non dispoñan de vehículo propio).
Agradecemos a comprensión das familias a este respecto. A ANPA organiza esta excursión, para pasar un día en familia co resto da escola; pero sobre todo para agradecer especialmente ás familias socias o apoio, a comprensión e as suxerencias que nos brindades durante todo o curso.  
Aproveitamos para lembrarvos que a directiva da ANPA traballa, no seu tempo libre e de maneira desinteresada, durante todo o ano, para que o alumnado e a súa familia teña cubertas todas as súas necesidades (plan madruga, extraescolares, xornadas, obradoiros) Por só 15 € anuais por familia,
Graciñas pola vosa comprensión e apoio.



sábado, 18 de febrero de 2017

Pospoñemos xornada de educación vial

Bos días.
Por causas meteorolóxicas posponse a xornada de educación vial.
MANTERÉMOSVOS INFORMADOS