25 de diciembre de 2012

Bo Nadal e Felices Festas

Dende a Anpa do CEIP Sardoma - Moledo desexámosvos a todos que pasen unhas Felices Festas de Nadal en compañía da familia. Esperamos que o ano que entra sexa un bo ano para todos.

Seguiremos traballando para mellorar as actividades e a cooperación co colexio.

Saúdos


14 de diciembre de 2012

Novas importantes sobre a Marcha contra a LOMCE



Estimados/as compañeiros/as das ANPAS e directores/as:
O vindeiro venres, 14 de decembro convocamos a toda a comunidade educativa do ensino público de Vigo a unha marcha nocturna para mostrar o noso desacordo coa nova ley de educación LOMCE.
Esta marcha discurrirá dende a Farola de Urzáiz, por Colón, ata chegar á Porta do Sol, onde se dará lectura a un manifesto.

Concentrarémonos ás 20.30 horas na Farola. Iremos todos/as vestidos/as de negro e con velas e acompañaranos, á espera de confirmación, algunha banda de música da cidade.
Facemos a marcha neste horario para permitir a participación das familias traballadoras.

Si tedes pancartas propias reivindicando a calidade do ensino público, podedes levalas.
Esta marcha soamente levará como emblema, o apoio ó ensino público e de calidade por parte das familias de Vigo.

Esperamos contar coa vosa participación e que fagades difusión desta convocatoria a maior xente posible.



Recordámosvos a marcha nocturna do venres, en protesta contra a LOMCE. Aproveitaremos para facer a cea de Nadal ó remate da mesma. Levade un bocata de chourizo que tomaremos todos xuntos en paz e armonía. 

Un saúdo
 



Lotería de Nadal do colexio

O colexio está a xogar o número 40470 na lotaría de nadal. Este número está á venda na administración *nº 000 na c/O Porto, 19.

Se a alguén lle interesa adquirir devandito número pode facelo na mesma administración.

Grazas e sorte.


9 de diciembre de 2012

IMPORTATE - Marcha Nocturna contra a LOMCE

Os dejo una información importante que nos piden desde FOAMPAS que compartamos ya que es muy importante para la educación de nuestros hijos.









Estimados/as compañeiros/as das ANPAS e directores/as:
O vindeiro venres, 14 de decembro convocamos a toda a comunidade educativa do ensino público de Vigo a unha marcha nocturna para mostrar o noso desacordo coa nova ley de educación LOMCE.
Esta marcha discurrirá dende a Farola de Urzáiz, por Colón, ata chegar á Porta do Sol, onde se dará lectura a un manifesto.

Concentrarémonos ás 20.30 horas na Farola. Iremos todos/as vestidos/as de negro e con velas e acompañaranos, á espera de confirmación, algunha banda de música da cidade.
Facemos a marcha neste horario para permitir a participación das familias traballadoras.

Si tedes pancartas propias reivindicando a calidade do ensino público, podedes levalas.
Esta marcha soamente levará como emblema, o apoio ó ensino público e de calidade por parte das familias de Vigo.

Esperamos contar coa vosa participación e que fagades difusión desta convocatoria a maior xente posible.
Un saúdo                                                     Vigo, 5 de decembro de 2012 

A XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS.


Actividades de Diciembre - Biblioteca Xosé Neira Vilas

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 2012: NADAL

O SABADIÑO DO ROQUE: De viaxe por Galicia

PREVIA INSCRICIÓN*
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN
O primeiro sábado de cada mes, o Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario e ó que lle encanta viaxar, visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir cos máis pequenos as súas aventuras: cada mes viaxa a unha cidade ou pobo de Galicia e volve para falarnos de todos eses marabillosos lugares, contarnos fantásticas historias, ensinarnos divertidas cancións e propoñernos estupendos xogos. 
Sábado, 1 de decembro ás 12.00 h
Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos.

A HORA DOS CONTOS

“A hora dos contos” é un proxecto de animación á lectura onde cada segundo xoves de mes presentaremos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta, todo encamiñado a fomentar entre os máis pequenos o gusto polos libros e a lectura.
Xoves, 13 de decembro ás 18.00 h
Destinatarios: Nenos de 3 ata 10 anos.

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes (1º e 3º mércores) na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. Non é preciso ser un experto lector para participar, o club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outros lectores.
Mércores 5 e 19 de decembro ás 19.30 h
Destinatarios: Socios do club.

ACHÉGATE Á INTERNET Procura de emprego

PRAZAS CUBERTAS
Ante o éxito das pasadas edicións do curso “Achégate á Internet: Procura de emprego”, e a crecente demanda por parte dos usuarios solicitando información sobre a realización de novos cursos básicos de manexo da Internet, preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, encadrado dentro das accións de formación de usuarios.

Nesta ocasión con “Achégate á Internet: Procura de emprego” ofertamos un programa básico, para que os alumnos poidan utilizar as ferramentas de busca de emprego dispoñibles en Internet. 
Do martes 11 ao venres 14 de decembro
Horario: de 10.00 a 12.00 h
Martes 11 de decembro de 10.00 a 12.00 h: Busca activa de emprego a través de portais web especializados
Mércores 12 de decembro de 10.00 a 12.00 h: Perfís profesionais nas Redes Sociais
Xoves 13 de decembro de 10.00 a 12.00 h: Busca activa de emprego a través de portais web especializados
Venres 14 de decembro de 10.00 a 12.00 h: Busca activa de emprego a través de portais web especializados

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN*
1 DE DECEMBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
O terceiro sábado de cada mes os nenos compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos..
Sábado, 15 de decembro ás 12.00 h
Destinatarios: Nenos de 12 meses ata 3 anos


ESTOXO INTERCULTURAL: A Nosa Pegada. Impórtanos!

A Biblioteca Xosé Neira Vilas en colaboración co Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade do Concello de Vigo participan na campaña de sensibilización “A Nosa Pegada Impórtanos!”. Nesta ocasión na biblioteca realizarase unha sesión de contacontos da man de Bea Campos onde reflexionaremos sobre a nosa pegada no mundo e se presentará o Estoxo Intercultural realizado entre ambas institucións. Esta maleta viaxeira estará en préstamo na biblioteca para que calquera persoa que o desexe a leve para a casa.
Luns, 17 de decembro ás 18.00 h
Destinatarios: Actividade para toda a familia.

PROGRAMAS ESCOLARES: Encontro con escritores... Ledicia Costas

A Biblioteca Xosé Neira Vilas en colaboración con Galix ofrece dentro das actividades dos Programas Escolares unha serie de obradoiros. Nesta ocasión os nenos que visiten co seu colexio a biblioteca poderán gozar cun obradoiro de escritura impartido pola escritora Ledicia Costas. 
Martes, 18 de decembro ás 10.00 h e ás 12.00 h 
Mércores, 19 de decembro ás 10.00 h
Destinatarios: Actividade para centros de ensino.

CONTO VIAXEIRO:

A Biblioteca Xosé Neira Vilas e o Servizo de Normalización Lingüística convidan aos amigos de Polo correo do Vento para participar con eles no Conto Viaxeiro, que se vai realizar ao longo de dez sesións en diferentes espazos do Concello de Vigo.
Así, o autor Enrique Mauricio e o ilustrador Carlos Taboada proporán aos participantes que os axuden a elaborar unha historia, con todos os ingredientes que esta precisa (protagonistas, lugares, argumento...). Entre todos crearemos un anaco dese Conto Viaxeiro, que se completará nas diferentes sesións, e cuxo resultado final poderá contemplarse despois en Internet.
Xoves, 20 de decembro ás 18.00 h
Destinatarios: Nenos de 3 ata 12 anos.

ACHÉGATE Á CERÁMICA CON... Emilia Guimeráns

PREVIA INSCRICIÓN* 
1 DE DECEMBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Con este obradoiro a biblioteca quere ofrecer aos máis pequenos unha alternativa de ocio lúdico-formativa nas mañás de Nadal, ao tempo que achegalos ao mundo da cerámica. Así, ao longo catro sesións de dúas horas, achegarase aos rapaces ao mundo da cerámica, a súa linguaxe, os seus códigos e os seus segredos, de forma que esperte neles o amor polas artes e o interese polos libros que tratan esta temática e que poden atopar na biblioteca.
26 e 28 de decembro e 2 e 4 de xaneiro 
ás 11.00 h 
Destinatarios: Nenos de 5 ata 12 anos.

OS C@NTOS DO BARDO ABELARDO: O Nadal

A Biblioteca Neira Vilas e o Servizo de Normalización Lingüísitica traen ao Bardo Abelardo de visita para cantarlle ao Nadal. Son contos e cancións referentes a esta época do ano, nas que como é habitual o Bardo Abelardo chamará á participación de todos os nenos e nenas para celebrar estas festas dun xeito diferente, utilizando o poder da imaxinación e acompañándose da súa inseparable concertina.
Xoves, 27 de decembro ás 18.00 h
Destinatarios: Nenos de 3 ata 12 anos.

CONTOS DAKÍ : Avelino González

O último venres de cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores de máis renome do panorama galego, para deleitar aos nosos usuarios cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor Avelino González. 
Venres, 28 de decembro ás 19.30 h
Destinatarios: Público adulto.

A CESTA DOS LIBROS

Para celebrar que remata o 2012, o segundo ano de vida da Biblioteca Xosé Neira Vilas, premiamos aos lectores máis activos de cada categoría (adulto e infantil) cun lote de libros para que poidan comezar o 2013 gozando das mellores lecturas.
Venres, 28 de decembro ás 19.30 h

Inscrición:

*Os interesados en participar nas actividades que precisen “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 11.00 horas do día que comeza o prazo de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.