19 de marzo de 2013

Ayudas para participar en el Programa de Inmersión lingüística en colonias de verano en inglés. Convocatoria 2013

Datos generales:

  • Descripción:
    Asistencia a colonias en las que se trabajarán prioritariamente los aspectos orales del aprendizaje de la lengua inglesa, a través de actividades lúdicas y deportivas en instalaciones situadas en distintos puntos de la geografía española, en territorio peninsular.
  • Destinatarios:
    Alumnos de 5º y 6º de Educación Primaria y 1º de ESO matriculados en centros educativos españoles sostenidos con fondos públicos en el curso 2012/2013.
  • Nº de becas: 
    2.200
  • Requisitos:
    a) Podrá optar a estas ayudas el alumnado que en el presente curso 2012/2013 esté matriculado en centros sostenidos con fondos públicos, en alguno de los cursos mencionados a continuación:
    • Quinto curso de Enseñanza Primaria
    • Sexto curso de Enseñanza Primaria
    • Primer curso de Enseñanza Secundaria Obligatoria
    b) La edad de los participantes no podrá superar los 13 años a fecha 31 de diciembre de 2013.
    c) Haber obtenido como nota media del curso 2011-2012 notable en la asignatura de inglés y notable como nota media del curso 2011-2012.
    d) No haber sido beneficiario de la ayuda en convocatorias anteriores.
  • Dotación:
    Participación en la actividad.
  • Duración:
    Dos semanas.
  • Plazo de presentación
    • Desde: 19 de marzo de 2013
    • Hasta: 15 de abril de 2013
    • Plazo de presentación abierto
  • ¿Cómo realizarlo?:
    Registrarse para rellenar la solicitud, imprimirla para que el colegio certifique los datos requeridos y enviarla a la dirección indicada en la convocatoria.
  • Destino:
    Instalaciones en distintos puntos de la geografía española en territorio peninsular.
  • Proceso de selección:
    Selección por requisitos establecidos en la convocatoria:
    • Primer criterio: Se ordenará a los alumnos en función de la nota media obtenida en el curso 2011/2012.
    • Segundo criterio: La nota del curso 2011-2012 en la asignatura de inglés.
    • Tercer criterio: En el caso de que se produjeran empates utilizando los criterios anteriores, éstos se resolverán atendiendo al criterio de mayor edad en función de la fecha de nacimiento del alumno solicitante.

Convocatoria:

Solicitud:

  • Instrucciones:
    Palabras claves para el acceso vía WEB: Becas, Idiomas, Ingles, Colonias.
  • Documentación requerida:
    Impreso de solicitud cumplimentado y sellado por el centro educativo si se presenta sin certificado digital. Si se presenta con certificado digital anexar plantilla pdf cumplimentada y sellada por el centro educativo.
  • Lugar de entrega:
    • Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial
      C/ Los Madrazo, 15 Registro
      28014  Madrid
  • Renovaciones:
    Las bajas se cubrirán con alumnos en lista de espera.

Resoluciones:

  • Más información:
    Con posterioridad a la celebración de las actividades, las relaciones del alumnado participante y, por tanto, beneficiario de ayuda se harán públicas en la página web del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

Más información sobre este trámite o servicio:

  • Promotores:
    Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa.

  • Teléfono:
    913277681
  • Dirección de correo:


    Información obtenida de: http://www.mecd.gob.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/idiomas/beca-colonias-verano.html

15 de marzo de 2013

Ecuela de Rugby




Para máis información:
· www.vigorugby.com


FESTAS DE SAN JOSE DE LA GUIA

Esta semana celébranse as festas de San José da Guia e deixáronnos o programa de festas por se queremos levar aos nosos fillos.








O recuadro que está máis claro e non se le ten as actividades para o mércores 20 de Marzo: Torneo de Brilé

17.30 Benxamín (2º-3º e 4º EP 7-8-9 anos)
18.00 Alevín (5º e 6º EP 10-11 anos)
18.30 Infantil (1º e 2º ESO 12-13 anos)
19.00 Cadete (3º e 4º ESO 14-15 anos)
19.30 Nais e Pais


Anomádevos a participar



7 de marzo de 2013

Banco de libros

Hemos actualizado las normas para el banco de libros, os dejamos el documento adjunto para que le echen un vistazo

Banco de libros

2 de marzo de 2013

Campamentos de A Lanzada - Deputación de Pontevedra



BASES DOS CAMPAMENTOS “A LANZADA” PARA O ANO 2013

A Deputación de Pontevedra oferta, un ano máis, os campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada, que terán lugar nas seguintes datas:
  • Primeira quenda: 23 de xuño – 29 de xuño
  • Segunda quenda: 30 de xuño – 6 de xullo
  • Terceira quenda: 7 de xullo – 13 de xullo
  • Cuarta quenda: 14 de xullo – 20 de xullo
  • Quinta quenda: 21 de xullo – 27 de xullo
  • Sexta quenda: 28 de xullo – 3 de agosto
  • Sétima quenda: 4 de agosto – 10 de agosto
  • Oitava quenda: 11 de agosto – 17 de agosto
  • Novena quenda: 18 de agosto – 24 de agosto
  • Décima quenda: 25 de agosto – 31 de agosto
  • Undécima quenda: 1 de setembro – 7 de setembro
A derradeira quenda está pendente de confirmar debido a que non está aprobado o calendario escolar nin a data de comezo das clases.

SOLICITUDES

Participantes
Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicitan a praza (certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 2000 e 2005, ambos os dous incluídos.
Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicadas a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades.

Impresos
Solicitude e folla de inscrición.

Normas para cubrir os impresos
Na solicitude cubriranse os datos da unidade familiar, é dicir, os datos do pai, nai ou titor, co DNI, teléfono móbil (obrigatorio), enderezo e concello. A continuación indicaranse os datos do neno ou nenos (irmáns) que queiran ir xuntos ó campamento, por orde de prioridade, da 1ª a 11ª quenda.
Se os irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por neno. Neste caso hai que ter en conta que os irmáns entrarían por separado no sorteo, pero non se pode asegurar que, de ser agraciados cunha praza, saian en quendas separadas.
As solicitudes asinaranas os pais ou titores dos nenos.
Os datos da solicitude verificaranse coa documentación presentada así como coa base de datos de asistentes do ano pasado. De existir faltas de veracidade, as ditas solicitudes quedarán excluídas do proceso.
Na folla de inscrición deben cubrirse os datos do neno, enfermidades, alerxias, etc. (unha folla por neno).

Lugar de presentación das solicitudes e da documentación
As solicitudes presentaranse nos concellos colaboradores, na Oficina de Información ó Cidadán, na Sede da Deputación en Vigo ou no Centro Príncipe Felipe (oficinas).
Os que presenten a súa solicitude a través do procedemento do portelo único dos concellos ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberán remitir, unha vez rexistrada, unha copia por fax ó número 986 804 138.
Non se admitirán as solicitudes presentadas unicamente por fax.

Prazos
Presentación de solicitudes: do 1 de marzo ó 5 de abril.
Sorteo e publicación das listaxes de admitidos: do 29 de abril ó 3 de maio.
Comunicarase o resultado dos participantes seleccionados por SMS (desde o Concello ou a Deputación) ou por correo electrónico.
Prazo de presentación do pagamento: desde o día seguinte ó sorteo ata o 24 de maio.
Chamada ós participantes en lista de espera: do 3 ó 7 de xuño.

Prezo
O prezo será de 68 € por neno.
No prezo do campamento non se inclúen actividades nin excursións, que serán aboadas na presentación do campamento (no primeiro día da correspondente quenda).


ADXUDICACIÓNS

Cobertura das prazas
As prazas cubriranse mediante sorteo nas distintas quendas; asígnanse 100 prazas para nenos e outras 100 para nenas. De non existir cota suficiente para cubrilas farase a través de múltiplos de cinco, por exemplo: 90/110, 95/105…
Daráselles prioridade no sorteo ós participantes que non asistiron ó campamento na campaña de verán do ano pasado.
A cota por concellos, é dicir, as prazas asignadas a cada concello en proporción da súa poboación (datos obtidos do INE, censo do ano 2011), establécese de acordo co seguinte reparto:





Parámetros de poboación
Maior ou igual a (habitantes)
Menor a (habitantes)
Prazas
0
3.000
10
3.000
5.000
20
5.000
10.000
25
10.000
20.000
30
20.000
30.000
55
30.000
35.000
80
35.000
80.000
100
80.000
200.000
200
200.000

300

Reservaranse 30 prazas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, repartidas nas once quendas de campamentos. As prazas non cubertas entrarán no sorteo.

Lista de espera
As vacantes que se produzan por renuncia da praza ofreceránselles ós solicitantes que figuren nas listas de espera, tendo en conta que a baixa dun neno cubrirase con outro neno e a baixa dunha nena cubrirase con outra nena.
Teranse en conta os irmáns para a mesma quenda sempre e cando haxa vacantes suficientes; do contrario, chamaríase ó seguinte da lista.
Na lista de espera non se terá en conta a cota correspondente a cada Concello.
As renuncias non se incluirán na lista de espera.
Contactarase cos suplentes por teléfono ou SMS desde a Deputación.
Unha vez aceptada a praza presentarán o pagamento nun prazo de 48 horas. En caso contrario a praza seralle ofertada ó seguinte da lista de espera.

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR
-          Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor
-          Fotocopia do DNI do solicitante; de non o ter, o libro de familia
-          Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou do seguro médico privado
-          Certificado ou volante de empadroamento

DEVOLUCIÓN DE COTAS
Para ter dereito á devolución é necesario comunicar a renuncia á praza por escrito mediante un modelo normalizado, polo menos 20 días naturais antes do inicio da quenda (excepto por motivos médicos).
Aquelas solicitudes de devolución de cotas que non se presenten tal e como se reflicte anteriormente serán denegadas, independentemente da causa xustificativa que se alegue.
Motivos de devolución:
-          Enfermidade, accidente…, co correspondente xustificante médico
-          Admisión noutra actividade nas mesmas datas, xuntando o pagamento

INCORPORACIÓN ÓS CAMPAMENTOS
A incorporación ó campamento será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 10:00 e as 11:00 horas.
No suposto de que o participante abandone a actividade ou sexa expulsado será responsabilidade dos pais ou titores legais trasladalo de regreso ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados.



OBRIGAS DOS ADXUDICATARIOS
  1. Incorporarse ó campamento e regresar polos medios e nos prazos establecidos.
  2. Non abandonar a actividade sen o permiso do seu responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a presenza dos pais ou titores e será responsabilidade destes o traslado ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados.
  3. Respectar as normas establecidas polos equipos de animación.
  4. A praza é intransferible.

SORTEO
  1. Cota por concellos.
Prazas asignadas a cada concello en proporción da súa poboación (datos obtidos do INE, censo do ano 2011), tal e como se específica nas bases.
  1. 100 nenos / 100 nenas por quenda. De non existir cota suficiente para cubrilas farase a través de múltiplos de cinco.
  2. Trinta prazas reservadas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, repartidas nas once quendas de campamentos.
  3. Preferencia no sorteo para aqueles participantes que non asistiron ó campamento na campaña de verán do ano pasado (2012).
  4. Cando os nenos obteñan praza (por primeira vez no campamento) e teñan irmáns, estes tamén obterán praza na mesma quenda, aínda que xa fosen o ano pasado.
  5. Sorteo por quendas.



SedeVigo - Información

Información e Rexistro
Sede de Vigo
Calle Oporto, 3
36201 VIGO - ES
Tlf.:+34 986 804 100


Campamento de Semana Santa no CEIP Illas Cies



Informámosvos que FOANPAS vai organizar un Campamento dirixido a nenas/os de Educación Infantil e Primaria dos centros de ensino público de Vigo que desenvolverá a empresa Tatarina Eventos.

Terá lugar nas instalacións do CEP Illas Cíes e será o LUNS 25, MARTES 26 e MÉRCORES 27 de Marzo. Ademais das actividades, ofértase servizo de Aula Matinal e de Comedor, este último servido por SERUNIÓN. Os horarios son os seguintes:

HORARIO
AULA MATINAL (7:45-9:00) (O almorzo traerase da casa)
ACTIVIDADES (9:00-14:00)
COMIDA (14:00-16:00)

Estes son os prezos dos tres días de campamento por neno/a:

Campamento (7:45-16:00)
Comida
23 €
4 €/día

*Ten que haber un mínimo de 15 comensais para o servizo de caterin.


As actividades serán variadas e entretidas: xogos, música, contos, manualidades, cociña, etc.

Se precisades máis información poñédevos en contacto con nós  vía telefónica: 986298812, vía fax: 986242359, correo electrónico: foanpas@foanpas.com.