30 de abril de 2013
Documentos de interese
Na pestaña de documentos tedes ademáis dos Estatutos as últimas circulares que enviamos dende a Anpa sobre a Festa dos Maios e o Concurso e a reserva da Piscina para o próximo Curso, así como a circular do Banco de Libros
Un saúdo
Un saúdo
Próximas actividades da Anpa - PARTICIPA!!!
Estimados
pais/nais/titores legais:
Aproveitamos para
informarvos de 3 actividades propostas para compartir cos nosos fillos/as:
1ª Festa dos Maios o sábado 11 de maio no recinto escolar
durante todo o día (12:00 horas ata as 18:00 horas).Os nenos/as farán un maio,
faremos unha comida "campestre" e xogos infantís. Promovemos por
primeira vez un "crecicling"; Mercadillo de productos infantís de
segunda man a precios económicos (Consultade as bases deste proxecto e se
queredes formar parte poñédemos en contacto con Silvia ou Begoña da Dirección
da Anpa). Podedes consultar o programa, nos cartéis ou no blog da Anpa o que
podedes acceder dende a web do centro. Animádevos a participar nesta festa típica
nosa co fin de promover e mellorar as relacións entre toda a comunidade
educativa.
2. Visita guiada ó Centro Hípico "La
Muralla" os
días 27 e 31 de maio (dependendo da demanda) dende as 17 horas ata as 19 horas.O
prezo por neno é de 5€ que teredes que ter desembolsados antes do 10 de maio
(último día). Para levar a cabo esta actividade é preciso formar un grupo
mínimo de 9-10 nenos/as. Parécenos unha experiencia positiva que cremos que
lles fará moita ilusión e que lles dá a posibilidade de que os nosos nenos/as
se relacionen co mundo animal e teñan contacto cos cabalos, poderán acariciar
os animais, cepillalos, dar unha volta...Para o pago dirixirvos a Dirección da
Anpa no Local.
3. .Viaxe a Cíes. Para celebrar o remate do curso temos a
posibilidade de acercarnos ata este espazo natural fomentando a convivencia
entre as familias do Colexio. O prezo é de 10€ socios da Anpa e 15€ as persoas
que non sexan socios. Día 22 de xuño. A data límite para confirmar a asistencia
e entregar o diñeiro o día 30 de Mayo. ¡Animádevos, Haberá animación
no Barco!.
Para calquera dúbida consultádea coa Dirección da Anpa. Gracias pola vosa
colaboración.
1ª ROMERIA DOS MAIOS ANPA SARDOMA MOLEDO 11 DE MAYO 2013
Este ano imos celebrar a primeira Romería Dos Maios do Anpa Sardoma Moledo que será o día 11 de Maio no recinto do colexio. A continuación deixamos un pouco de información sobre esta festa tradicional así como o programa da festa, información do concurso e a información do Crecicling que celebraremos tamen o mesmo día.
23 de abril de 2013
CAMPAMENTOS URBANOS 2013 DEPUTACION DE PONTEVEDRA
Diputación
de Pontevedra Informa: CAMPAMENTOS URBANOS 2013
·
Plazo de
inscripción: desde el 1 de mayo hasta el 15 de junio
19 de abril de 2013
CRECICLING
Etiquetas:
actividades,
anpa,
anpa sardoma moledo,
bebé,
Crecicling,
juguetes,
mercadillo,
niños,
reciclaje,
ropa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)