18 de junio de 2013

Festa de fin de Curso da Escola de Baile Galego

Este pasado luns celebrouse no Concello de Vigo a Festa de fin de Curso da Escola de Baile Galego e os nosos nenos que reciben clases no cole acudiron a demostrar todo o que aprenderon durante este curso.

Como o clima non acompañou celebraron a actuación na praza interior do Concello pero estaba prevista a actuación para celebrarse fora na Praza do Rei.

Aquí tedes as fotos que fixeron alguns pais ese día.

Actuación Escuela de Baile Gallego fin de curso

Fin de curso da actividade de Piscina en Lavadores

O pasado día 30 de Maio foi o fin de curso na actividade de Piscina que estamos a levar a cabo en Lavadores.

Ese día fixeronlles entrega dos Cabaliños de cores os nenos e mais os diplomas de participación na actividade. Pasaronno moi ben xa que tiveron xogos especiais na auga.

Piscina 2012

Visita dos rapaces o centro Hípico La Muralla

Este pasado mes fixemos unha visita cos rapaces o Centro Hípico La Muralla onde poderon ver os cabalos, axudar a limpalos, e incluso montalos.

Fixemos dous grupos porque eran muitos os rapaces que quixeron ir.

Aquí tedes as fotos da experiencia.


Visita al centro Hipico La Muralla

Celebración da Primeira Festa dos Maios Anpa Sardoma Moledo

Aquí temos a entrada que estábades a esperar, a celebración da Festa dos Maios no cole.

Estuvemos acompañados polas Pandereteiras de Sárdoma e tivemos un día estupendo para desfrutar todos xuntos a preparar o Maio.

Tivemos comida, bebida, posto de artigos de segunda man de nenos, posto de artesanías feitas polos nenos de 6º para recaudar cartos para a excursión de fin de curso e un posto de artigos de cosmética.

Tamén fixemos xogos cos nenos que o pasaron de medo e entregamos o premio o gañador do concurso de debuxo da Festa dos Maios.

Aquí tedes o album coas fotos


Festa dos Maios 2013




5 de junio de 2013

Axudas Libros de texto para o curso 2013-2014 da Xunta

Aquí deixamos o documento con toda a información para acceder as axudas da Xunta de Galicia para mercar os libros de texto dos alumnos de Primaria.

Poden descargar os impresos a presentar neste enlace www.edu.xunta.es/web/axudaslibros

E aquí teñen o documento Información axudas libros


Veran Xove no Concello de Vigo

Aquí podedes atopar as actividades que teñen preparadas para este verán no concello de Vigo así como as bases para acceder a elas.

Esperamos as topedes de interés

Veran Xove Vigo 2013