30 de septiembre de 2013

FOLGA XERAL DO ENSINO DÍA 24 DE OUTUBRO





Benvidos a un novo curso escolar.

Queremos informarvos das accións en contra da LOMCE (nova lei de educación) que se desenvolverán en datas próximas:
-   
      Sábado 28 de setembro de 2013: Marcha a Santiago convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

FOANPAS contratará un autobús para desprazarse á marcha que comenzará en Santiago ás 10.30 h. e rematará ás 12.30 h.
Todas as persoas que queiran asistir deberán comunicalo telefónicamente a FOANPAS (986298812).


-         Xoves, 24 de outubro de 2013: Folga xeral no ensino de alumnos/as, pais/nais e docentes convocada pola Plataforma Estatal pola Escola Pública: Esta folga será apoiada por FOANPAS, e quérese protestar contra a reforma educativa, a subida de tasas das matrículas universitarias e os “recortes” nas becas.


Un saúdo.

5 de septiembre de 2013

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2013-14

Como imos dar comezo o novo curso escolar queremos informarlles que xa temos aberta a inscripción nas seguintes actividades:

* Baile Galego e Percusión.

Os prezos para estas actividades son os seguintes:

Baile galego de 4 a 7 anos ------> 25€/ano os socios do Anpa       30€/ano non socios
Baile galego de 8 anos e mais ---> 30€/ano os socios do Anpa       35€/ano non socios
Percusión -----------------------> 15€/ano os socios do Anpa       20€/ano nos socios


O pago desta actividade e Anual e farase cando entreguen os papeis da matricula no local do Anpa antes do día 26 de Septembro.

* Piscina de Lavadores.

Esta actividade dará comezo o primeiro día do mes de Outubro. Temos dous grupos un os Martes as 18.15h e outro os Venres as 17.30h. O grupo dos venres xa está pechado, non temos mais prazas dispoñibles. No grupo dos martes quedan poucas prazas, polo que si lles interesa poñanse en contacto canto antes no teléfono 658432554 (Paula).

O prezo desta actividade por cuatrimestre y págase en dous prazos: un ata o día 20 de Septembro y o outro ata o día 20 de Xaneiro.

Piscina ------> 29.60€/cuatrimestre os socios do Anpa          35€/cuatrimestre os non socios do Anpa.

Os pagos poden facerse nas oficinas do Anpa no horario de atención ou ben na conta corrente do Anpa 2080 5087 60 3040014074 poñendo o nome do neno e ACTIVIDADE PISCINA