30 de mayo de 2014

Concerto de Brinca Va este domingo na feira do libro de Vigo

PACO NOGUEIRAS PRESENTARÁ ESTE DOMINGO AS CANCIÓNS DO LIBRO-DISCO “BRINCA VAI!” NA CLAUSURA DA FEIRA DO LIBRO DE VIGO



O músico Paco Nogueiras presentará estedomingo 1 de xuño ás 19:00 horas, na Feira do Libro de Vigo (Praza de Compostela), o seu primeiro traballo discográfico propio, titulado“Brinca Vai!” e editado por KALANDRAKA en formato libro-cd-dvd. Tamén asistirá ao concerto o artista audiovisual vigués José Miguel Sagüillo, que dirixiu os vídeos musicais cos que se completa esta obra.

O libro-disco “Brinca Vai!” reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar. As ilustracións, obra de David Pintor, permanecen expostas na libraría LIBROS PARA SOÑAR, onde se poderán visitar durante todo o mes de xuño.

Neste espectáculo, con entrada libre e de balde, Paco Nogueiras interpretará unha escolma deses temas, con música en directo.

Paco Nogueiras é o compositor e intérprete de todas as cancións de “Brinca Vai!”, nas que aborda materias incluídas no currículo escolar: a natureza, os xogos tradicionais, a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Entroido, o Nadal, o Magosto e o Samaín. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos que abrangue, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.

Trátase dunha proposta lúdica e transgresora, que transmite bo humor, e que se complementa con imaxes cheas de colorido, expresividade e dinamismo. “Brinca Vai!” reúne lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión.


MÁIS INFORMACIÓN DE “BRINCA VAI!” NA WEB DE KALANDRAKA
NA PÁXINA DE “BRINCA VAI!” EN FACEBOOK:http://www.facebook.com/BrincaVai
E NA PÁXINA www.brincavai.com


22 de mayo de 2014

Comida Protesta - Non o decreto de comedores




Estimados pais/nais,

Todos sabemos que o comedor do noso colexio é un elemento fundamental para a súa supervivencia. Os acontecementos ocorridos  o longo deste curso escolar deixa claro que o Decreto que está en Vigor non é o Decreto que necesitan os centros educativos.

Un decreto que impón pagar altas tasas por un servizo que ata agora tiñamos gratuito, un decreto que posibilita que pais/nais coiden dos nosos nenos/as soportando sobre a súa persoa a enorme responsabilidade de acontecementos que poideran ocorrer nunha xornada normal de comedor, un decreto que permite cos pais/nais aportemos diñeiro para acabar cubrindo as carencias que non cubre a Xunta, un decreto que implica un  recargo de traballo para os equipos directivos...

A conciliación da vida laboral e familiar que dende o mundo político pretenden  "vender"  pasa porque os centros educativos oferten servizos que permitan  esa conciliación de maneira real, sendo imprescindible o servizo de comedor, que en moitos casos é xestionado por pais/nais gracias a súa boa vontade invertindo tempo e diñeiro , cando é un servizo que debería xestionar a Consellería e o final recárgase nas familias  con ameazas de privatizar este servizo.

O comedor é elemento integrador do colexio, que permite unha alimentación equilibrada, sana e de calidade a parte de ser un espacio no que tamén se educa os nosos  fillos/as.

Por todo isto queremos promover a DEFENSA do NOSO COMEDOR, e ir en contra deste Decreto. 

Así, convocámosvos a unha COMIDA PROTESTA o vindeiro Sábado 14 de xuño ás 13:00 horas nas Praza da Estrela (Vigo), para que toda a comunidade educativa poida participar. Cadaquén levará a súa comida e bebida.

Ademais, pedímosvos que levedes briks baleiros de leites, zumes, con mensaxes protesta co obxectivo de construír unha muralla, o “Muro da vergoña”.


Para unha mellor organización nos gustaría saber quen quere participar e agradecer a vosa colaboración :
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
EU .............................................................................................
pai/nai de:.............................................................................. do curso..................
 penso asistir a concentración o vindeiro día Domingo 14 de xuño a Concentración contra o Decreto de Comedor.
 



Festival final de Curso















 
FESTIVAL FINAL DE CURSO

Estimados pais/nais:                                   2013-2014

Con motivo do remate das actividades extraescolares convidámosvos a participar cos vosos fillos/as no festival de final de curso.

O día XOVES 29 de MAIO pola tarde as 17:00 h. dará comezo o programa de actividades. Lembrar que ese día o BUS marchará as 19:30, polo que rogamos que asistades e cada pai/nai responsabilizarase do seu fillo/a.
PROGRAMA:
16:30 RECEPCIÓN E ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES
 
HORA
ACTIVIDADE
17:00-17:10
Obra de teatro en inglés de Infantil "Abigcarrout"
17:10:17:15
Exhibición Patinaxe: Raios de Sol
17:15-17:20
Predeporte Infantil 4º e 5º E. Infantil: Sube la mano p´arriba
17:20-17:25
Baile 6º "Boom sem parar"
17:25-17:30
Baile de 6º E.I. "MixGrease"
17:30-17:35
Baile Moderno de 1º a 3º."Chiquicha"
17:35-17:45
Diverciencia Grupo (1-4)
17:45-17:55
Obra de teatro infantil 6º E.I. Juguetes y Ratones
17:55-18:00
Baile Moderno de 4º a 6º "Timber"
18:00-18:10
Diverciencia Grupo (5-6)
18:10-18:15
Baile Internacional 6 º
18:15-18:45
Obra de teatro. O maquinista Antón

O finalizar as actividades do Pavillón realizarase un partido de Baloncesto (Pais-Fillos) de 10 minutos e outro de Futbol (Pais-Fillos) de 10 minutos. Para estes partidos debemos apuntarvos os pais/nais que queirades participar ese día o chegar.
19:00 PEQUENO PINCHO
19:30 SAÍDA DO AUTOBÚS ESCOLAR
                                                                       
Para o pincho solicitamos a colaboración de todos vós facendo unha pequena aportación:
NENOS INFALTIL 

MENAXE (Pratos, culleriñas de plásticos...)
1º CICLO
Patatillas, gusanitos...

Doces, biscoitos, etc.

Tortillas, empanadas, etc.
2º CICLO
AUGAS

ZUMES

REFRESCOS
 Esperemos que pasedes unha boa tarde                                                           Gracias pola vosa colaboración
A DIRECTIVA DA ANPA

LEMBRADE QUE SE PODEDES COLABORAR ESE DIA NA ORGANIZACIÓN VOS POÑADES EN CONTACTO CON  ANA 675939195

GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN