18 de junio de 2014

Liga de Natación Escolar




Este ano estivemos a participar na competición de natación escolar que organizou o Concello de Vigo para fomentar o deporte entre os nenos.

Decir que foi unha experiencia moi boa na que no noso cole tivemos moi boa participación.

Foron en total sobre 200 nenos entre benxamins e promesas que participaron nesta competición de un total de 30 colexios de todo Vigo. Os nenos participantes son os que acuden a algunha das piscinas municipais a través das Anpas a recibir clases de natación.

Premiabase sobre todo a participación polo que tódolos nenos e nenas participantes levaron na derradeira xornada unha medalla por participar nesta competición. Ademais premiabase os dous colexios que mais participantes aportaran a competición e ainda que non gañamos ningún premio temos que dicir que o colexio Sardoma Moledo quedou entre os 5 primeiros colexios en participación de alumnos cun total de 15 nenos participantes. Ademais un dos nosos nenos recibiu unha beca para un curso de natación no clube de natación Rias Baixas que foron os que organizaron toda a competición e que nos trataron moi ben. Quedamos encantados coa axuda dos membros deste clube que tanto nos axudaron e animaron os rapaces.

Os rapaces pasaronno moi ben e creo repetirán de cara o próximo curso.

Espero que todos os animedes a participar nestas actividades deportivas.

O señor Alcalde entregou as medallas e trofeos na derradeira xornada.

Deixamos unhas fotos da competición.


16 de junio de 2014

Excursión de fin de curso o Parque Natural da Barosa

 
Estimados pais/nais:
Un ano máis remata o curso e para celebralo vos convidamos a esta EXCURSIÓN de pais/nais e fillos  que nesta ocasión nos acercaremos ó PARQUE NATURAL DE BAROSA no Concello de Barro, o domingo 22 de xuño .

Galicia posúe dentro do seu territorio espazos naturais cun gran patrimonio medioambiental e etnográfico. O espazo Natural  de Barosa constitúese como un perfecto exemplo deste patrimonio galego, xa que nel conviven elementos tan importantes como a flora, a fauna, a auga, a fervenza, os muíños e a tradición cultural galega. Estes elementos fan de Barosa un lugar excepcional para que os/as nenos/as aprendan xogando coa natureza e coa tradición galega, mediante a aprendizaxe práctica de temas como o funcionamento dos muíños,  a importancia da auga, o coñecemento dos animais e plantas do parque, etc… 


PROGRAMA :

9.00 REUNIÓN DE TODOS DIANTE DO COLEXIO. 

9.30 SAÍDA DOS AUTOBUSES.
 
10.30 A CHEGADA O PARQUE  realizarase unha visita etnográfica para os nenos/as. O que pretendemos con esta visita etnolóxica e que os nenos do colexio aprendan como funcionan os muiños, a súa historia, e explicación do entorno de Barosa.
 
12:00 Ruta de sendeirismo : En Barosa temos a ruta de sendeirismo (PR-G 105) de dificultade media. Para nenos a partir de 7 anos.
14:00 COMIDA (Cada familia leva a súa).
Tarde libre con diversión para os nenos/as.
 
19:00 Retorno para Vigo.
 
20:00 Chegada ó colexio.
 
PREZO POR PERSOA 10€/ socios ANPA e 15€/ non socios Anpa. a pagar no local da Anpa. (O prezo inclúe bus ida e volta e os monitores para a visita etnolóxica para os cativos/as e tamén o guía para a ruta, e unha unidade didáctica para os nenos/as).

DATA LIMITE DE PAGO MERCORES 18 DE XUÑO NO LOCAL DA ANPA.          ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR