29 de octubre de 2015
18 de octubre de 2015
REUNIÓN CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL
Vos agradeceríamos que a través do correo da Anpa nos enviárades aquelas suxerencias que podamos trasladar o consello escolar municipal.
Propostas para o Consello Escolar Municipal
Propostas para o Consello Escolar Municipal
15 de octubre de 2015
7 de octubre de 2015
NON AUTORIZACIÓN OBRADOIROS
En breve empezaremos cos obradoiros polo que vos enviamos hoxe a través dos nen@s a seguinte circular que deberedes entregar cumprimentada se NON queredes que os vos@s nen@s participen neles.
Querid@s
pais/nais:
O longo do curso escolar dende a Anpa iremos promovendo
diversas actividades no horario de lecer que hai unha vez cos rapaces/as rematan no comedor, é dicir, de 15:30 ata as
16:30. Consideramos que queredes cos vos@s fill@s participen nesas
actividades-obradoiros a non ser que nos entreguedes unha autorización NEGANDO
esa
participación.
|
...........................................................................................................................................................
EU PAI/NAI/TITOR
LEGAL:.................................... ....................................................................
NON AUTORIZO CO
MEU FILL@:...........................................................................................
DO CURSO:....................................................Participe
nas ACTIVIDADES-OBRADOIROS NO TEMPO DE LECER ORGANIZADAS POLA ANPA.
Asdo
Vigo, a ......de............................de.2.015.:.
5 de octubre de 2015
|
RECORDATORIO
Se convoca
asemblea ordinaria o MÉRCORES 7 de outubro as 17:15 en primeira convocatoria e
17.30 en segunda coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta
anterior.
2. Aprobación da memoria e as contas do
curso 14-15
3. Varios da Directiva. Planificación do
curso 15-16, Extraescolares, inicio do curso, etc,
4. Rogos e preguntas.
Gracias pola
vosa atención
A Directiva
da Anpa
AVISO
Estimadas familias:
|
O mércores 7 de
outubro despois de finalizada a asemblea ordinaria de Anpa se realizará unha
reunión as 18:45 para tratar o tema da excursión d@s nen@s de 6ª de primaria.
Gracias pola vosa
atención.
A directiva da Anpa
1 de octubre de 2015
AVISO EXTRAESCOLARES
MOI
URXENTE
Estimadas
familias:
Nos poñemos en contacto con
vos para comentarvos que na actualidade estamos intentando poñer en
funcionamento as actividades extraescolares para este curso escolar. Todos sabemos que o
noso colexio non é un colexio con moito alumnado
matriculado isto nos supón vantaxes nunhas cousas e desvantaxes noutras; como
consecuencia desta situación estamos tendo problemas para poñer en
funcionamento varias delas en primaria pola falta de número de nen@s mínimo.
Dende
a directiva da Anpa queremos mencionar respecto
destas actividades:
- Que
teñen varios fins como complementar a formación dos nos@s nen@s noutras
disciplinas distintas as que teñen durante a xornada escolar, de ahí a
variedade da oferta: deportivas, creativas... ou fomentar valores como
traballar en equipo, compañeirismo, ser críticos, ...
- Que
os prezos de ditas actividades son razoables, na maioría dos casos son 2 horas
semanais por 14€.
-
A duración é dunha hora tal e como se decidiu na última asemblea.
-
Que dende que rematan as 17:30 @s rapaces aínda teñen tempo para divertirse ou
facer deberes
-
Sabemos que supoñen un esforzo para moitos de nos, termos que desprazarnos ata
o colexio para recollelos unha vez rematadas, pero que o facemos porque
entendemos que son boas para @s nos@s fill@s.
-
e non esquezades que grazas a elas se permite que o colexio teña XORNADA
CONTINUA e non partida.
Por
todo isto vos solicitamos que reconsideredes de novo se enviades ou non os
nen@s as actividades propostas pola Anpa. Se estades interesadas nalgunha que
non figura no cadro comunicádenola por se houbera máis xente interesada na
actividade e conseguir grupo.
Poñédevos
en contacto connosco o antes posible, se é posible mandade un whatssap o
655588911 ou mensaxe.
Grazas
pola vosa atención.
A
directiva da Anpa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)