5 de diciembre de 2017

Día Internacional do Voluntariado





Co gaio do día do voluntariado, visitáronnos voluntarios da Cruz Vermella e de Os Biosbardos. Pasamos unha xornada moi amena e instructiva. A mediados de decembro continuaremos coa programación de voluntariado, desta volta relacionado con África (o proxecto anual deste curso)

1 de diciembre de 2017

23 de noviembre de 2017

Aposta pola igualdade

Súmate á acción este venres na escola!

19 de septiembre de 2017

Primeira Asamblea

Convocamos ás familias á primeira asamblea da ANPA deste curso escolar, que terá lugar no comedor da escola o vindeiro mércores 11 outubro ás 16:30 h en primeira convocatoria e ás 16:45 h en segunda convocatoria. 
Animádevos a participar!

18 de septiembre de 2017

BENVIDA Ó CURSO 2017-18

A asociación de nais e pais do colexio Sárdoma-Moledo formouse para colaborar coa escola na educación do alumnado. Ademáis de representar ás familias cando é necesario, colaboramos nun mellor funcionamento da escola, xestionando obradoiros, servizos e todas actividades extraescolares.
O traballo da ANPA é gratuito e totalmente desinteresado, todas as familias queremos ó mellor para o alumnado, por iso agradecemos toda colaboración e participación.

O custo de afiliación por familiaé de 15 € anuais a ingresar á ANPA
na seguinte conta de ABANCA:
ES43 2080 5087 6030 4001 4074. Concepto: cuota 17-18 + o nome da familia/alumnado.

Estas son as principais actividades nas que centramos o noso traballo:

PLAN MADRUGA: funciona dende o primeiro día do curso ata o último, de 7:45 a 9:15. O almorzo consta de leite con cacao, zume e galleta/bollería (tamén hai menús para celíacos, intolerancias oualerxias). Información máis completa

OBRADORIOS E ACTIVIDADES DE LECER: en horario de 15:30 a 16:30 h (o recreo despois de comer), promoveránse diferentes actividades e obradoiros co gaio das datas sinaladas no calendario escolar (día do voluntariado, Igualdade de xénero entroido, 8 marzo, día dos avós, obradoiro relacionado co entorno de Sárdoma…). Son gratuitos porque os organizamos con familias voluntarias.

ACTIVIDADES EXTRA ESCOLARES: comezarán enotubro en horario de 15:30 a 16:30 h. É importante facer uso destas actividades para manter o actual horario escolarInformación máis completa
CELEBRACIÓNS EN CONVIVENCIA: organizamos polo menos unha xornadapara familias por trimestre coincidindo en fin de semana (magosto, entroido, etc.).

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO: realizamos unha excursión colectiva, dun día, de todas as familias asociadas á ANPA. Por outra banda tamén colaboramos na organización da excursión do alumnado de 6º de Primaria, co fin de financiar, coa colaboración de todas as familias, a saída que realizan como despedida (organizada conxuntamente co alumnado doutras escolas,cos que coincidirán na súa nova etapa no instituto).

FOANPAS: como en anos anteriores, estamos presentes naxunta directiva de FOANPAS, a asociación que engloba ás ANPAS de Vigo. Facilitaremos regularmente a información máis relevante sobre novas leis, reformas, formación, etc.


Grazaspolavosa colaboración, nós tamén estamos á vosa dispoñibilidade.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017/2018

Neste curso 2017-18 terán lugar na escola en horario de 15:30 a 16:30, excepto a actividade de piscina.


1As mensualidades veránse incrementadasen 5€ mensuais no caso de que a familia non estivese asociada á ANPA.
2 Nas actividades gratuitas terá preferencia o alumnado xa inscrito anos anteriores e familias asociadas da ANPA.

No caso de ter interese en participar nalgunha das actividades propostas:
  • Cubre o formulario adxunto e envíao a través do profesorado ou entrégao no buzón ou no local da ANPA  antes do 22 de setembro (no caso de que non se cubrise un mínimo de 10 persoas nalgunha actividade, comunicarémolo as familias interesadas o día 25 de setembro; no caso de que houbese moita demanda nalgunha actividade, daráselle prioridade, nesta orde, ó alumnado xa inscrito no curso anterior, ás familias asociadas á ANPA e ás familias que a escollen como primeira opción).

  •  Realiza o pago da/s cuota/s correspondente/s indicando a/s actividade/s e o nome e apelidos da/o alumna/o
Os pagos deben ser realizados con regularidade, antes do día 30 do mes anterior á ANPA na conta de ABANCA  ES43 2080 5087 6030 4001 4074 (excepto baile galego que o cargará o Concello en conta).
-  Para poder acollerse ós prezos de familia asociada a cuota debe estar paga (a cuota é de 15 € anuais por familia a ingresar á ANPA indicando curso e nome da/o alumna/o), e non ter débedas pendentes do curso anterior. 
-  Baile Galego, este ano o Concello cargará os pagos directamente en conta (debedes facilitarnos un xustificante do banco cun número de conta para presentar ó Concello). O pago da matrícula é do 22 ó 29 de setembro.
As baixas das actividades, do mesmoxeito que as novas altas, deberán ser tramitadas por escrito (formularios dispoñibles no local e noblogue da ANPA). A baixa debe ser notificada antes do día 20 do mes anterior (de non ser así cobraráse o mes enteiroainda que a/o alumna/o non asista á/s actividade/s).
As actividades comezan o luns 2 de outubro e finalizan a finais de maio. As actividades de Baile Galego e Piscina son ofertadas polo Concello de Vigo, no resto das actividades é imprescindible un mínimo de 10 persoas en cada actividade, no caso de non cubrir o mínimo, probablemente haberá que cancelar a actividade (teránse en conta as optativas para facer grupos nese caso).
É importante facer uso destas actividades para manter o actual horario escolar.

1 de junio de 2017

EXCURSIÓN FIN DE CURSO PARA SOCIOS DA ANPA



EXCURSIÓN FIN DE CURSO PARA SOCIOS DA ANPA
Benqueridas familias:
Como tódolos anos, queremos celebrar o remate do curso escolar realizando unha excursión familiar. Gozaremos duna xornada familiar e de convivencia con todas as familias da escola; un xeito de coñecernos mellor e pasar tempo cos nosos fillos e os seus compañeiros e amigos.
Este ano, a excursión está programada para o sábado día 10 de xuño, e visitaremos o AQUAPARK localizado en Cerceda (A Coruña), a 133 km de Vigo; estimamos unha viaxe de 1 h 30 minutos. Igual que en anos anteriores, o punto de saída será a escola ás 9:00 da mañá. A hora prevista para o regreso será sobre as 19 h.

O servizo de autobús será gratuito e estará xestionado tamén pola ANPA, que dará prioridade ás familias socias que no dispoñan de vehículo, por estricta orde de reserva. A comida correrá a cargo das familias.
O custo das entradas para acceder ó Aquapark, non poderá ser costeado pola ANPA, pero si nos realizarán un desconto do 20% sobre os prezos habituais:
Adultos: 9,00 € - 20% = 7,20 €
Alumnado de 5-12 años: 6,00 € - 20% = 4,80 €
Alumnado de 0-4 años: 0,00

Ademais, ó ter as entradas reservadas o acceso é directo, sen colas nin esperas.

Animádevos a reservar a vosa praza o antes posible, coa fin de ter unha boa coordinación e conseguir que esta xornada sexa un éxito. E para calquera dúbida ou consulta, podedes contactar connosco a través do móvil da ANPA, Whatsapp, correo electrónico, ou directamente cos membros da xunta directiva no propio local da ANPA.
Tras cubrir a solicitude de reserva, facédela chegar á ANPA, ben por medio do buzón da entrada do local, ou ben entregándoa ós membros da xunta directiva.
……………………………………………………………………………………………………………………………………   
A familia ……………………………………………………………………………………………………………………………………………….….. con alumnado no/s curso/s ………………………………………………..…………………………………….. asistirá á excursión de fin de curso. Seremos en total ……………. adultos e ……………… nenas/os, coa/s idade/s de ………………..… ..……………………………................. Teléfono/s de contacto ……………………………………………………………………………
*Lembrade que a ANPA subvenciona só o transporte en autobús, e que tanto a entrada como a comida corre a cargo das familias (normalmente levamos cousas da casa para facer picnic, pero tamén hai cafeterías con servizo de comidas no Aquapark para quen o prefira).


Grazas pola vosa colaboración.


EXCURSIÓN FIN DE CURSO,  PARA ALUMNADO ASOCIADO Á ANPA
Queremos aclarar ás familias, que esta é unha excursión para o alumnado da escola asociado á ANPA. Convidamos tamén a irmás/irmáns e demáis familiares, pero estas persoas terán que pagar un recargo por persoa*, en caso de que fagan uso do servicio de autobús.
* O recargo será de 8 € por persoa para familiares (excluindo nais e pais), que queiran facer uso do autobús. Todos os pagos realizaránse antes do xoves 8 de xuño  na conta do ANPA : ES43 2080 5087 6030 4001 4074
En calquera caso, se non houbese dispoñibilidade de prazas no autobús, daráse prioridade primero a pais, despois a irmáns e despois ó resto dos familiares (priorizando ás familias que non dispoñan de vehículo propio).
Agradecemos a comprensión das familias a este respecto. A ANPA organiza esta excursión, para pasar un día en familia co resto da escola; pero sobre todo para agradecer especialmente ás familias socias o apoio, a comprensión e as suxerencias que nos brindades durante todo o curso.  
Aproveitamos para lembrarvos que a directiva da ANPA traballa, no seu tempo libre e de maneira desinteresada, durante todo o ano, para que o alumnado e a súa familia teña cubertas todas as súas necesidades (plan madruga, extraescolares, xornadas, obradoiros) Por só 15 € anuais por familia,
Graciñas pola vosa comprensión e apoio.



18 de febrero de 2017

Pospoñemos xornada de educación vial

Bos días.
Por causas meteorolóxicas posponse a xornada de educación vial.
MANTERÉMOSVOS INFORMADOS

9 de febrero de 2017

1 de febrero de 2017

Menú de febreiro 2017


13 de enero de 2017


Resultado de imagen de blog anpa sardoma moledoQueridos pais e nais,

Dende o  ANPA imos participara no CARNAVAL DE BEMBRIVE que se realizará os días  4 de marzo 2.017,  en   horario    de    tarde.      
                                                
Será unha xornada festiva, na que participaremos como Anpa en representación do colexio,  tanto pais nais, alumn@s como todo aquel que quera ser parte de esta COMPARSA  que como ben sabedes cuanto maior sexa o número de participantes, mellor será a representación; por iso estades convidados a participar connosco   duhna xornada que será divertida e que afianza o concepto de unión e traballo en equipo para os nen@s.

Este ano o colexio ha centrado o seu proxecto escolar en Asia,  por tanto como é costume, e coa intención de complementar a sua educación, a comparsa será rindindo tributo a Asia.
Para o que presisamos ir disfrazados de chinos, e os nenos iran nun dragón largo que xa temos no colexio, e que será o principal representante, además bailaremos ao compas do UP CAMDEM STYLE, polo que presisamos componer o grupo de baile xunto con pais, nais, avoos, amigos e nen@s

Vos pedimos que vos animedes e participedes,neste carnaval, cubrindo os datos anexos poderemos empezar a conformar o grupo de baile e ir organizando todo o que precisemos para o que e importante saber con  cuantas persoas contaremos.

Moitas grazas.

                                                                                                                         

Resultado de imagen de blog anpa sardoma moledo



Queridos soci@s,

Dende ou  ANPA realizaremos ou vindeiro xoves 26 DE XANEIRO 2.017,  en horario       de 15:30    h a 16:30 h. O DIA DO AVOÓ.

Será unha xornada familiar por iso estades convidados tod@s a avos dous nen@s para que xunto  cos cativ@s celebredes este dia connosco.

Os nen@ fáran entrega duhna carta feita por eles non obradoiro.

Vos pedimos que os avoós participedes,coa vosa presenza asi coma con algun contaconto ou experiencia dá sua vida, habilidade especial e desta maneira fomentar a importancia tanto para ou nen@s como para avoós, ensinarlles e sensibilizar aos nen@ dá importancia do papel dous nosos maiores nas nosas familias.

Moitas grazas.



  COLEGIO CEIP  SARDOMA MOLEDO- RUA MARCO  30, 36214 VIGO-PONTEVEDRA TELEFONO ANPA: 655588911