18 de septiembre de 2017

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017/2018

Neste curso 2017-18 terán lugar na escola en horario de 15:30 a 16:30, excepto a actividade de piscina.


1As mensualidades veránse incrementadasen 5€ mensuais no caso de que a familia non estivese asociada á ANPA.
2 Nas actividades gratuitas terá preferencia o alumnado xa inscrito anos anteriores e familias asociadas da ANPA.

No caso de ter interese en participar nalgunha das actividades propostas:
  • Cubre o formulario adxunto e envíao a través do profesorado ou entrégao no buzón ou no local da ANPA  antes do 22 de setembro (no caso de que non se cubrise un mínimo de 10 persoas nalgunha actividade, comunicarémolo as familias interesadas o día 25 de setembro; no caso de que houbese moita demanda nalgunha actividade, daráselle prioridade, nesta orde, ó alumnado xa inscrito no curso anterior, ás familias asociadas á ANPA e ás familias que a escollen como primeira opción).

  •  Realiza o pago da/s cuota/s correspondente/s indicando a/s actividade/s e o nome e apelidos da/o alumna/o
Os pagos deben ser realizados con regularidade, antes do día 30 do mes anterior á ANPA na conta de ABANCA  ES43 2080 5087 6030 4001 4074 (excepto baile galego que o cargará o Concello en conta).
-  Para poder acollerse ós prezos de familia asociada a cuota debe estar paga (a cuota é de 15 € anuais por familia a ingresar á ANPA indicando curso e nome da/o alumna/o), e non ter débedas pendentes do curso anterior. 
-  Baile Galego, este ano o Concello cargará os pagos directamente en conta (debedes facilitarnos un xustificante do banco cun número de conta para presentar ó Concello). O pago da matrícula é do 22 ó 29 de setembro.
As baixas das actividades, do mesmoxeito que as novas altas, deberán ser tramitadas por escrito (formularios dispoñibles no local e noblogue da ANPA). A baixa debe ser notificada antes do día 20 do mes anterior (de non ser así cobraráse o mes enteiroainda que a/o alumna/o non asista á/s actividade/s).
As actividades comezan o luns 2 de outubro e finalizan a finais de maio. As actividades de Baile Galego e Piscina son ofertadas polo Concello de Vigo, no resto das actividades é imprescindible un mínimo de 10 persoas en cada actividade, no caso de non cubrir o mínimo, probablemente haberá que cancelar a actividade (teránse en conta as optativas para facer grupos nese caso).
É importante facer uso destas actividades para manter o actual horario escolar.