18 de septiembre de 2017

BENVIDA Ó CURSO 2017-18

A asociación de nais e pais do colexio Sárdoma-Moledo formouse para colaborar coa escola na educación do alumnado. Ademáis de representar ás familias cando é necesario, colaboramos nun mellor funcionamento da escola, xestionando obradoiros, servizos e todas actividades extraescolares.
O traballo da ANPA é gratuito e totalmente desinteresado, todas as familias queremos ó mellor para o alumnado, por iso agradecemos toda colaboración e participación.

O custo de afiliación por familiaé de 15 € anuais a ingresar á ANPA
na seguinte conta de ABANCA:
ES43 2080 5087 6030 4001 4074. Concepto: cuota 17-18 + o nome da familia/alumnado.

Estas son as principais actividades nas que centramos o noso traballo:

PLAN MADRUGA: funciona dende o primeiro día do curso ata o último, de 7:45 a 9:15. O almorzo consta de leite con cacao, zume e galleta/bollería (tamén hai menús para celíacos, intolerancias oualerxias). Información máis completa

OBRADORIOS E ACTIVIDADES DE LECER: en horario de 15:30 a 16:30 h (o recreo despois de comer), promoveránse diferentes actividades e obradoiros co gaio das datas sinaladas no calendario escolar (día do voluntariado, Igualdade de xénero entroido, 8 marzo, día dos avós, obradoiro relacionado co entorno de Sárdoma…). Son gratuitos porque os organizamos con familias voluntarias.

ACTIVIDADES EXTRA ESCOLARES: comezarán enotubro en horario de 15:30 a 16:30 h. É importante facer uso destas actividades para manter o actual horario escolarInformación máis completa
CELEBRACIÓNS EN CONVIVENCIA: organizamos polo menos unha xornadapara familias por trimestre coincidindo en fin de semana (magosto, entroido, etc.).

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO: realizamos unha excursión colectiva, dun día, de todas as familias asociadas á ANPA. Por outra banda tamén colaboramos na organización da excursión do alumnado de 6º de Primaria, co fin de financiar, coa colaboración de todas as familias, a saída que realizan como despedida (organizada conxuntamente co alumnado doutras escolas,cos que coincidirán na súa nova etapa no instituto).

FOANPAS: como en anos anteriores, estamos presentes naxunta directiva de FOANPAS, a asociación que engloba ás ANPAS de Vigo. Facilitaremos regularmente a información máis relevante sobre novas leis, reformas, formación, etc.


Grazaspolavosa colaboración, nós tamén estamos á vosa dispoñibilidade.